18 feb 2010

Andrómenas

Supoño que xa vos decatastes! Non? Está claro que non estamos no mes de abril. Foi Javier quen nos pediu que publicásemos este artigo.
Creo que ao longo do curso atoparedes moitos máis anacronismos deste tipo. Non desesperedes, prometo que algún día (teño os dedos cruzados) publicarei un blog que non se basee en retallos sen sentido.

Estamos de festa! Hoxe é o Día do Libro.

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra.
No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes (de Shakespeare e Garcilaso de la Vega) que coincidía coa tradición festiva catalá.

Neste video podemos ver unha das moitas maneiras de celebrar este día.

Espazo de traballo

No noso cole hai variados espazos en que traballar. Xa os iremos vendo todos; pero hoxe quérovos amosar o lugar onde nos atopamos agora: a aula de informática. Eu, que son unha alumna aplicada, sento en primeira fila, xusto diante do profe... así non me perdo ningunha das explicacións. Parécevos que son un pouco "pelota"?

10 feb 2010

Seguimos ao noso ritmo

Pois si, aquí estamos todos. Fátima e máis eu tremendamente concentradas. Os nosos dedos pasan sobre o teclado a velocidade de cruceiro!!! Creo que me vai gustar isto de crear blogs.

Estrea

Son as 18:34 horas e estamos concentrados na procura das máis modernas ferramentas que nos servirán para mellorar a metodoloxía de traballo. Que non fariamos nós polo noso alumnado!!!